Ir o contido principal

Os Reis Magos adiantan a súa visita á USC

A visita dos Reis Magos sorprendeu os nenos e nenas da escola infantil Breogán
A visita dos Reis Magos sorprendeu os nenos e nenas da escola infantil Breogán

As súas maxestades Os Reis Magos fixeron este mércores unha xenerosa parada no camiño para ir visitar a Escola Infantil Breogán da USC antes de comezar o seu periplo polas casas de todos os nenos e nenas do mundo.

Baltasar, Melchor e Gaspar aparcaron os seus renos preto da gardería e achegáronse a pé a ela para agarimar aos fillos e fillas dos membros da comunidade universitaria e agasallalos co seu correspondente presente, que foi recibido con moita sorpresa e alegría.

Baltasar, Melchor e Gaspar chegaron a pé á gardería da USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.12.2011.