Ir o contido principal

O reitor asiste á conmemoración do Día Mundial do Seguro

Celébranse este xoves no Paraninfo da Universidade e inclúe a entrega dos Premios Galicia Segura

O reitor Juan Viaño participa este xoves 12 no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) no acto conmemorativo do Día Mundial do Seguro, no que ademais se entregarán os Premios Galicia Segura. Na sesión, que comezará ás 19.30 horas, está prevista a participación da presidenta da Asociación Empresarial do Seguro (UNESPA) e da Federación Interamericana de Empresas de Seguros (FIDES) Pilar González de Frutos; do conselleiro de Facendo, Valeriano Martínez García, así como de membros do padroado e Círculo de Confianza de Fundación Inade.

O Día Mundial do Seguro conmemora dúas citas de gran repercusión para o seguro no ámbito española e no americano. En España, en maio de 1908 promulgábase a primeir lei xeral aseguradora, a “Lei relativa á inscrición no rexistro que ao efecto se establece das compañías, sociedade, asociacións e, en xeral, toas as entidades que teñan por fin realización operacións de seguro”. Pola súa, no caso americano, en 1946 Estados Unidos promoveu a realización da primeira Conferencia Hemisférica de Seguros. Dous anos máis tarde, na segunda edición desta Conferencia celebrada en México fixábase con carácter definitivo o día 14 de maio como Día Continental do Seguro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2016.