O reitor impartiu unha charla nun instituto en Santa Comba
O reitor Senén Barro acudiu este xoves ao IES Terra do Xallas en Santa Comba onde pronunciou a conferencia ‘Das máquinas de calcular ás máquinas de ‘pensar’.
Na súa intervención o reitor compostelán fixo un percorrido pola evolución histórica das actuais computadoras, remontándose ata os seus inicios en forma de ábacos. Concluíu Barro cunha referencia a Santiago Ramón y Cajal, segundo o que “o sistema nervioso representa o último termo da evolución da materia viva e a máquina máis complicada e de máis notables actividades que nos ofrece a natureza”.