O reitor inaugura o IV curso de especialista en seguridade social
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, inaugurará este mércores 11 na Facultade de Dereito a cuarta edición do curso de especialista en Seguridade Social. No acto, que se desenvolverá ás 17.45 horas no salón de graos do centro, intervirán ademais o director provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da Coruña, Eloy Jiménez; o director provincial do Instituto Nacional da Seguridade social da mesma provincia, Horacio de Andrés; a directora do curso, Lourdes Mella; a directora provincial do Instituto Social da Mariña, María Paz Gómez; e o decano da Facultade, Luis Míguez. Asiste tamén o secretario xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social, Fernando López. A continuación terá lugar a conferencia inaugural ‘A reforma da xubilación e as súas condicionantes’ a cargo do catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid, José Luis Tortuero Plaza. Cuarta edición Docentes das tres universidades galegas, da maxistratura, inspectores e inspectoras e persoal das entidades xestoras impartirán as distintas sesións prácticas e teóricas deste curso organizado pola USC co respaldo do Ministerio de Traballo, a Consellaría de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña e a Administración Electrónica). O programa docente articúlase ao redor de nove bloques temáticos nos que, partindo da evolución histórica e das fontes do sistema da Seguridade Social, se prestará atención ao ámbito de aplicación e xestión da SS, actos de encadramento e réxime económico ou prestacións do réxime xeral e dos réximes especiais. Tamén analizaranse outros temas como os rexímenes especiais da seguridade social, prestacións non contributivas, a seguridade social complementaria, a tutela administrativa e xudicial ou a normativa comunitaria e convenios internacionais relativos á SS.