O reitor Juan Casares presenta este mércores na Casa do Saber de Lugo a Memoria de Responsabilidade Social da USC 2012
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, presentará este mércores, partir das 12.00 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo a sétima Memoria de Responsabilidade Social da USC, correspondente ao período 2012.
O presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga, así como os vicerreitores de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, tamén participarán na presentación deste novo documento e dun espacio da web da USC na que se inclúe. A Memoria de Responsabilidade Social da USC do 2012 responde a unha reformulación diferente de edicións anteriores. Ademais da memoria, a Universidade de Santiago pon a disposición do público o espazo web 'USC Responsable', dentro da páxina web da USC, no que se inclúen datos e carácter estatístico, antes recollidos en 'USC en cifras'.