Ir o contido principal

O reitor da Pompeu Fabra presenta na USC o Libro Branco da Universidade de Cataluña

O reitor da Universidade Pompeu Fabra, Josep Joan Moreso, presenta este venres 6 na USC o Libro Blanco de la Universidad de Cataluña, nun acto presidido polo seu homólogo compostelán, Senén Barro Ameneiro.
O acto desenvolverase a partir das 13:00 horas no Centro de Estudos Avanzados (Parque Vista Alegre, Rúa Salvadas, s/n).
O volume nace da vontade das oito universidades públicas catalás de situar a educación superior e a investigación no centro do debate nun momento como o actual, de desenvolvemento do Espazo Europeo de Educación Superior e da Área Europea de Investigación. Pretende, deste xeito, servir de documento de reflexión xeral en materia de política universitaria e de folla de ruta común das universidades participantes para traballar conxuntamente con garantías de éxito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2009.