O reitor preside o acto académico de imposición de Becas do Colexio Maior San Clemente
O reitor Juan Casares presidirá este mércores 6 o acto académico de imposición de Becas colexiais no Colexio Maior San Clemente. Acompañarano as vicerreitoras de Economía e Infraestruturas e de Grao e Posgrao, Sara Cantorna e Eva Castro, e o de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán, así como a directora deste centro, Sandra Fernández Prado. A xornada comezará ás 21:00 horas na propia sede colexial. A xornada comezará coa entrega dos trofeos correspondentes ao Torneo Intercolexial de Tenis CM San Clemente 2011, ao que lle seguirá o discurso da dirección do centro. Deseguido, procederase á imposición das Becas colexiais así como de Insignias e Diplomas do centro. Para concluír a quenda de intervencións, Alba Lojo Caride tomará a palabra en representación da Promoción.