O reitor preside a inauguración do XXII Curso Superior de Relacións Laborais
O reitor Juan Casares presidirá este venres 11 a inauguración do Curso Superior de Relacións Laborais que neste curso alcanza a súa vixésimo segunda edición. Compartirán mesa co reitor o presidente do Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández; o catedrático de Dereito do Traballo da USC e director do curso, Javier Gárate Castro; o catedrático da Complutense de Madrid, Efrén Borrajo; e o da Universidade Autónoma de Madrid, Luis Enrique de la Villa. No Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 17.00 horas, o acto inaugural incluirá as leccións maxistrais que impartirán os profesores Borrajo e de la Villa sobre ‘A relación laboral de carácter especial do penado: puntos críticos na súa aplicación xudicial’ e ‘O réxime xurídico do despedimento na nova Lei de xurisdición socia’, respectivamente.