O reitor presidirá as xornadas de coordinación docente dos hospitais universitarios integrados na docencia de Medicina
O reitor Juan Viaño presidirá este martes 28 as sextas xornadas de coordinación docente dos hospitais universitarios integrados na docencia do grao en Medicina, no transcurso das cales se fará entrega tamén dunha serie de mencións honoríficas en agradecemento polos servizos prestados ao longo dos pasados anos polo equipo encargado da implantación dos graos en Medicina e Odontoloxía e aos integrantes do equipo decanal dende 2011.
As xornadas comezarán ás 12.30 horas na Aula Magna do Pavillón Docente Roberto Nóvoa Santos, estando tamén prevista a participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa García-Bernardo; e da xerente do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Eloina Núñez Masid. Nestas xornadas, os coordinadores docentes dos hospitais da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol presentarán as súas respectivas ofertas docentes ao alumnado de 5º curso que o vindeiro mes de abril deben elixir hospital onde cursar o rotatorio de sexto. Tamén se informará ao alumnado sobre as características e normativa para a realización da ECOE e do Traballo Fin de Grao da man dos profesores Víctor Arce e José Martín Carreira.
Homenaxe
Conforme ao acordado pola Comisión Permanente da Facultade de Medicina e Odontoloxía, neste acto entregarase unha serie de recoñecementos ao equipo encargado da implantación dos graos de Medicina e Odontoloxía así como aos integrantes do equipo decanal dende 2011. Así, recibirán o Diploma Honorífica da Facultade os/as coordinadores de curso de Odontoloxía (Estefanía Méndez, Ángela Torres, Ernesto Smith, María Jesús Mora, Purificación Varela e Mercedes Suárez); os/as coordinadores de curso e de practica clínica de Medicina (Ramón Soto, Pilar Fernández, David Araujo, Ramón Juanatey, Miguel Ángel Caínzos, Rosaura Leis, Francisco Barreiro e Miguel Gelabert); o coordinador de Atención Primaria de Santiago, José Antonio Ferreiro, e os/as coordinadores docentes dos Hospitais Universitarios que participan na docencia clínica do grao de Medicina (os doutores Carlos Vázquez, da Coruña; José Ramón Fernández, de Vigo; Ángel López, de Lugo; Jesús García, de Ourense; Cristóbal Galbán de Pontevedra; e Silvia Rodríguez, de Ferrol), así como aos catro delegados de cursos clínicos de Medicina (Alicia López, Claudio Rivadulla, Enrique Barbeito e Pedro Beira) aos que se recoñece o importante traballo realizado durante o deseño e implantación das practicas clínicas.
Tamén se entregará a Placa Honorífica do mesmo centro aos membros do equipo decanal destes últimos seis años: Víctor Arce Vázquez, vicedecano entre xaneiro de 2011 e xuño de 2015 e coordinador da ECOE dende o curso 2013-2014 ata a actualidade; Luís Lima Rodríguez, secretario do centro entre xaneiro de 2011 e maio de 2014; Inmaculada Tomás Carmona, vicedecana entre 2011 e 2015; José Martin Carreira Villamor, vicedecano dende 2011 ata a actualidade; Juan Antonio Suárez Quintanilla, vicedecano dende xaneiro de 2015 ata a actualidade; Ángela Torres Iglesias, vicedecana desde xuño de 2015; e María Teresa Castaño Oreja, secretaria dende maio de 2014.