Ir o contido principal

O reitor recibiu ao embaixador de Corea do Sur

O reitor recibiu ao embaixador de Corea do Sur
O reitor recibiu ao embaixador de Corea do Sur

O reitor Juan Casares recibiu este xoves en San Xerome ao embaixador de Corea do Sur, Dae-sung Oh, nunha visita que serviu para estreitar relacións e intercambiar opinións sobre a situación actual dos programas de mobilidade de universitarios/as entre España e o país asiático. Na xuntanza tamén estiveron presentes o primeiro secretario da Embaixada, Noh Wonil, e o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet. Na actualidade, a USC mantén convenios de intercambio con catro universidades coreanas: Pyeongtaek University, Hankuk University Of Foreign Studies, Kyung Hee University e Korea University. A través destes acordos cursan estudos na USC doce alumnos dese país asiático aos que se sumarán outros tres para o segundo cuadrimestre. Estas cifras duplican amplamente as cifras do curso académico anterior Conferencia en Ciencias Políticas Logo do encontro na reitoría compostelá, o embaixador ofreceu na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración a conferencia ‘Corea dinámica’ á que posteriormente lle seguiu un coloquio a través do que se pretendía satisfacer o interese que este país esperta tanto entre o estudantado como entre titulados/as. Dae-sung Oh graduouse en Ciencia Política e Diplomática na Universidade de Corea completando estudos cun máster en Ciencia Política e a realización do doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. Na súa carreira diplomática figuran diversos cargos en embaixadas do ámbito latinoamericano, Estados Unidos e actualmente en España.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2012.