Ir o contido principal

O reitor recibiu a estudante da USC Susana Rodríguez, campioa do mundo de paratriatlón Tri-6

De esquerda a dereita, Juan Casares, Susana Rodríguez e Juan Gestal. Foto: Alfonso-Servimav USC
De esquerda a dereita, Juan Casares, Susana Rodríguez e Juan Gestal. Foto: Alfonso-Servimav USC

O reitor Juan Casares recibiu este martes en San Xerome á estudante de Medicina Susana Rodríguez Gacio, recentemente proclamada campioa do mundo de paratriatlón Tri-6 (deportistas con impedimentos visuais) no Mundial celebrado en Auckland (Nova Zelanda). Na recepción, acompañaba á atleta o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal. A atleta galega natural de Vigo, a única paratriatleta española participante, proclamárase xa en 2011 campioa do Mundo de Paraduatlón na mesma categoría Tri-6, razón pola que a Secretaría Xeral para o Deporte a nomeou como mellor deportista feminina discapacitada dese ano. Na categoría Tri-6, que combina ciclismo, natación e carreira a pé, toman partida persoas con impedimentos visuais, sendo obrigatorio que quen guíe sexa do mesmo sexo, nesta ocasión a triatleta do CN Mataró, Mayalen Noriega.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2012.