Ir o contido principal

O reitor Senén Barro asiste en Porto á reunión do padroado da Fundación CEER

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, asiste hoxe xoves na Universidade de Porto á reunión do padroado da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER).
Na xuntanza, á que están convocados os reitores das seis Universidades públicas da Eurorrexión así como a conselleira de Educación da Xunta de Galicia e a comisión de traballo Galicia-Norte de Portugal, trataranse o balance de xestión de 2007 e os orzamentos para o presente ano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2008.