Ir o contido principal

O reitor Senén Barro participa en Madrid na presentación da Dieta Atlántica

Coa charla 'Dieta Atlántica. Gozar con sentido de todos os sentidos'

O reitor da USC, Senén Barro Ameneiro, participa este xoves, día 24, no acto de presentación da Dieta Atlántica que se celebrará ás 12:30 horas na Casa de Galicia en Madrid.
Coa charla ‘Dieta Atlántica. Gozar con sentido de todos os sentidos’, o reitor participará nun coloquio sobre as características e os beneficios desta nova forma de entender a alimentación, baseada en pescados e mariscos do Atlántico. Para abordar o tema desde diferentes puntos de vista, Barro estará acompañado ademais do director xerente de Turgalicia, Xesús Pereira; do director e presentador de ‘Saber vivir’ en TVE, Manuel Torreiglesias; e da xefe do Servizo de Endocrinoloxía do Hospital de Getafe, Susana Monereo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2007.