Ir o contido principal

O reitor Senén Barro presidiu o acto protocolario de toma de posesión dos 190 docentes que se incorporaron á USC entre 2005 e 2007

Entre 2005 e 2007 a USC incorporou ao seu claustro docente a preto de 200 docentes
Entre 2005 e 2007 a USC incorporou ao seu claustro docente a preto de 200 docentes

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidiu este mércores 21 o acto protocolario de toma de posesión dos 190 docentes que se teñen incorporado á USC no período comprendido entre o 17 de febreiro de 2005 e o 13 de novembro de 2007.
Do total de docentes que tomaron posesión, 18 o fixeron coa categoría de catedráticos de universidade, 13 como titulares de universidade, e os 159 restantes como profesores contratados doutores.
O acto comezou coa lectura por parte da secretaria xeral da USC, Isabel Garcia-Rodeja Gayoso, da relación completa de docentes, ao que lle seguiron as intervencións de Berta García Orosa, en representación dos profesores contratados-doutores; de Carmen Fernández Morante, en nome dos titulares; e finalmente de María Pilar Jiménez Aleixandre, representando aos catedráticos. O reitor da USC foi o encargado de clausurar o acto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2007.