O reitor Senén Barro valora a resolución final da convocatoria Campus de Excelencia Internacional
O reitor Senén Barro comparecerá este venres 27 antes os medios de comunicación para valorar a resolución final (que se fai pública en Madrid hoxe xoves) da convocatoria Campus de Excelencia Internacional, á que a USC concorre co seu proxecto Campus Vida. A rolda de prensa celebrarase ás 10:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
A resolución final desta convocatoria produciuse logo da presentación, este mércores en Madrid, dos dezaoito proxectos seleccionados ante un Comité Internacional de Expertos.