O reitor da USC asina dous convenios de colaboración co Concello de Lugo
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e mailo alcalde do Concello de Lugo, José López Orozco, asinarán, este martes 29 ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dous convenios de colaboración.
Estes acordos definen o traballo conxunto das dúas institucións co obxecto de fomentar o espírito emprendedor entre os membros da comunidade universitaria e investigadores vinculados á USC, facilitándolles as ferramentas precisas para a posta en marcha de iniciativas empresariais, e de potenciar a integración social dos estudantes estranxeiros que chegan cada ano a Lugo para cursar estudos no campus, colaborando tamén con eles na busca de vivendas axeitadas ás súas necesidades.