O reitor da USC ofrece unha conferencia nas Pontes de García Rodríguez
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, pronuncia este venres, 24 de abril, unha conferencia no Instituto de Educación Secundaria ‘Moncho Valcarce’ das Pontes de García Rodríguez.
Na súa intervención, a celebrar a partir das 12:00 horas, ofrecerá aos asistentes información sobre a Universidade de Santiago, con especial atención á súa oferta formativa, servizos, instalacións ou actividades culturais e deportivas organizadas para os membros da comunidades universitaria. O reitor referirase do mesmo xeito á capacidade da USC como institución docente, investigadora e prestadora de servizos.
A charla enmárcase nas habituais do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’