Ir o contido principal

O reitor da USC presentará o vindeiro luns o catálogo da exposición 'Dos ábacos aos computadores'

O reitor da USC, Senén Barro, presentará o vindeiro luns 17 ás 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca o catálogo correspondente á exposición ‘Dos ábacos aos computadores’ que se pode visitar ata finais de mes na Igrexa da Universidade.
O catálogo presentarase nun acto no que estarán presentes ademais o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o comisario da mostra, Manuel Bermejo; o director académico do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Antonio Azaustre Galiana; e Guillermo Brea, director de Obra Social de Caixanova.
Mostrar o paso do cálculo histórico ata o actual é o propósito da exposición ‘Dos ábacos aos computadores’ na que se fai unha presentación diacrónica do proceso de cálculo na sociedade ata a chegada da informática, facendo fincapé na instrumentación actual para tentar amosar como pode ser o futuro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2008.