Ir o contido principal

O reitor da USC preside este martes en Fonseca unha sesión académica da Rea Academia de Ciencias Económicas e Financeiras

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidirá a sesión académica que este martes, día 1 de abril, a Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras vai celebrar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 18:00 horas. Na apertura do acto, o reitor estará acompañado polo conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
A sesión, dedicada ao novo contexto económico-financeiro na actividade cultural e científica mediterránea, será presentada polo presidente da Academica, Jaime Gil Aluja. Ao longo da xornada participarán, entre outros, o conselleiro económico-financeiro do Rei Mohammed VI, o embaixador de Alxeria, académicos europeos e o presidente da Fundación Nacional para a Ciencia e a Arte de Francia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2008.