Ir o contido principal

O reitor da USC e o presidente do Grupo Aresa asinan o convenio para convocar o XII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, e o presidente do Grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinarán o luns 27 o convenio polo que se convoca a décimo segunda edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. A sinatura terá lugar ás 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O obxectivo deste galardón é recoñecer e incentivar a I+D+i así como aquelas traxectorias persoais, empresariais ou institucionais innovadoras no eido agrogandeiro, como elementos fundamentais para a mellora da calidade de vida e do benestar das persoas que traballan no medio rural galego. O premio ten unha dotación económica de 10.000 euros, achegados integramente pola empresa luguesa que lle dá nome ao certame.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.06.2011.