O reitor da USC visita as instalacións da Confederación Galega de Minusválidos en Santiago
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, visita este xoves 22 ás 10:30 horas as instalacións da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) en Santiago (r/ Modesto Brocos, 7). Barro estará acompañado polos vicerreitores de Relacións Institucionais e de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Lourenzo Fernández e José M. Mayán, respectivamente.
A USC leva anos colaborando con esta entidade no desenvolvemento conxunto de diversos proxectos tanto de voluntariado como de adecuación das condicións de accesibilidade nos campus, accións de intervención no ámbito educativo e pedagóxico e servizos de apoio á integración