Os reitores galegos asinan un convenio co Clúster Alimentario de Galicia para a realización de prácticas en empresas
Os tres reitores galegos -Juan Casares Long, da USC; Salustiano Mato, da Universidade de Vigo; e José María Barja, da Coruña- asinan este mércores 4 en Santiago un convenio co Clúster Alimentario de Galicia para a realización de prácticas en empresas. O acto, ao que asiste o presidente do Clúster, José Luis Antuña, terá lugar ás 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.