Ir o contido principal

Os reitores das tres universidades galegas presentan o programa de actividades da sétima edición da Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios

Os reitores das tres universidades galegas presentarán este xoves, día 4, en rolda de prensa o programa de actividades da sétima edición da Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios que se vai celebrar en Santiago o vindeiro mes de novembro.
No acto de presentación, que se vai celebrar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas, intervirán os reitores das universidade de Santiago, Senén Barro; da Coruña, José María Barja; e de Vigo, Alberto Gago; así como o presidente da Fundación Sabiria, Marcelo Castelo.
Promovida dende a súa orixe pola USC, a Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios ábrese este ano á participación activa das outras dúas universidades galegas que acollerán cadansúa sesión do programa previsto. O programa inclúe catro bloques temáticos sobre seguridade, bases de datos e programación; software libre; mobilidade e telecom; e management e sociedade da información.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2007.