Ir o contido principal

Relacións Laborais de Lugo reúne a axentes sociais e da xudicatura para analiza a nova lei da xurisdición social

A Escola de Relacións Laborais de Lugo reúne este xoves 10 a axentes sociais e da xudicatura arredor das xornadas ‘A nova lei reguladora da xurisdición social: exame a fondo’, encontro que o centro lugués promove xunto co Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo. Ás 9.30 horas celebrarase a inauguración oficial das xornadas no Salón de Actos da Escola, dando paso a continuación a unha mesa de debate sobre a competencia dos órganos xurisdicionais da orde social e procedemento ordinario, coa intervención do maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Emilio Martínez de Mata, e do tamén maxistrado do mesmo tribunal e catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade da Coruña, Ricardo Ron. Representantes da CEG e de UGT-Galicia, CIG e CCOO de Galicia achegarán, a partir das 10.50 horas, a visións dos axentes sociais galegos respecto da nova lei da xurisdición social. Para pechar a xornada, Fernando Lousada e Mª Asunción Barrio, maxistrado e secretaria da Sala do Social do TSXG, respectivamente, falarán sobre ‘Modalidades procesuais especiais . Recursos e execución na nova lei’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2011.