Ir o contido principal

As relacións entre a Unión Europea e China, a estudo

As relacións entre a Unión Europea e China, a estudo
As relacións entre a Unión Europea e China, a estudo

Docentes de universidades españolas e portuguesas e especialistas en estratexia e diplomacia internacional participarán este xoves 9 e o venres nun curso gratuíto sobre as relacións sociais, económicas e políticas entre a Unión Europea e China, con especial interese nas que implican os estados español e portugués.

O curso ‘ A Península Ibérica, Europa e China. A contención globalizadora ante a marea proteccionista’ desenvolverase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra (UVigo) organizado pola Fundación Centro de Estudos Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal en colaboración co IEEE-CESEDEM e a Universidade Complutense de Madrid.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.11.2017.