Ir o contido principal

Remata o prazo do concurso para atopar a imaxe da campaña de matrícula da USC en 2012-2013

O prazo para a recepción de orixinais péchase este venres 17

Os estudantes universitarios e os de ensino medio residentes en Galicia que cursen estudos en calquera centro da comunidade autónoma poden ata este venres 17 presentar as súas propostas ao concurso de ideas para deseñar a imaxe coa que a USC difundirá o vindeiro curso 2012-2013 a súa campaña de matrícula. A idea gañadora utilizarase ademais para o material de difusión e promoción dos estudos da USC, tales como carteis, folletos ou páxina web. Cada concursante poderá presentar ata dúas propostas de carteis que deberán ser inéditas ou contar coas autorizacións correspondentes nos casos en que estean inspiradas en traballos alleos ou utilizando motivos non orixinais. A elixida polo xurado como mellor idea recibirá un premio cunha dotación económica de 1.000 euros, podendo outorgarse un accésit de 600 euros. A presentación de propostas pode realizarse ata este venres, debendo formalizar a participación na Oficina de Información Universitaria (Pavillón Estudantil de Campus Vida) ou na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. Cada deseño poderase presentar en soporte dixital ou impreso en papel, acompañado dunha dicha na que figuren nome a apelidos da persoa, xunto co enderezo e teléfono; curso e centro de estudos; fotocopia do DNI; unha breve explicación do deseño proposto; e o lema da campaña. O xurado intégrano o reitor ou persoa en quen delegue, o coordinador do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, o director do Gabinete de Comunicación, a directora da Oficina de Información Universitaria e o xerente do Servizo de Edición Dixital (Unidixital). Ademais da calidade e valor artístico, valorarase positivamente que as propostas se adapten aos diferentes espazos e formatos nos que se poden incluír. Máis información en http://www.usc.es/es/servizos/oiu/modules/news2/news_0144.html

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2012.