Ir o contido principal

Remata o prazo para a convocatoria de Bolsas para Proxectos de Coñecemento da Realidade

O próxima 2 de xuño remata o prazo para solicitar as Bolsas para Proxectos de Coñecemento da Realidade
O próxima 2 de xuño remata o prazo para solicitar as Bolsas para Proxectos de Coñecemento da Realidade
Trátase dunha alternativa para estudantes que mestura a cooperación e o rendemento académico

Os Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) son unha iniciativa na que o alumnado da USC ten a posibilidade de desprazarse a un país empobrecido, para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado como actividade de participación social ou prácticas da titulación que estea cursando oficialmente na USC segundo a normativa académica correspondente. Ademais, a realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario, como para a sociedade en xeral xa que, tras o regreso da estadía realizará charlas para dar a coñecer a experiencia. A Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, a través da Área de Voluntariado, Participación e Cooperación Internacional do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), mantén aberta ata o vindeiro 2 de xuño a convocatoria a todo o estudantado da USC interesado en participar en programas e accións de coñecemento da realidade. Mediante este programa, procúrase un proceso de reflexión dende unha vertente práctica, para implicar ás persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación para o desenvolvemento en diferentes países do sur e no traballo que se leva a cabo dende Galicia e fundamentalmente da USC, principalmente no ámbito da sensibilización. A convocatoria diríxese a aqueles estudantes da USC con formación no eido da cooperación ao desenvolvemento e a participación social, que teñan capacidade para convivir e traballar en equipo e, en particular, que estean en condicións de facelo en ambientes culturais e económicos diferentes. Os eidos de actuación dos PCR poderán ter una carácter especificamente técnicos (proxectos de saneamento, hidráulica, construción e rehabilitación, ...) ou de calquera outro (educación, desenvolvemento comunitario, adquisición de poder da muller, capacitación de técnicos locais, ...). As propostas de resolución atenderán ao expediente académico da persoa solicitante, á formación realizada no eido da cooperación ao desenvolvemento e o voluntariado social, ao que se sumará a realización dunha entrevista persoal e a valoración do proxecto presentada. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden visitar á paxina web do Servizo de Participación e Integración Universitaria http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/seccion_voluntariado_participacion_cooperacion/coopinternac_bolsas.html.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2011.