Ir o contido principal

Remata o prazo de matrícula para participar no V Curso en Liña de Formación Básica do Voluntariado

As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro 10 de abril

O vindeiro luns, 11 de abril, comezará a impartirse o V Curso en Liña de Formación Básica de Voluntariado, organizado polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (Sepiu). As persoas que estean interesadas neste seminario, co que se ofrece ademais a posibilidade de colaborar nunha iniciativa social coas que o servizo ten convenio, dispoñen aínda de tres días para formalizar a súa inscrición. Terán que facelo en liña, a través do enlace do Sepiu. O curso ten unha duración de 60 horas, que se impartirán entre o 11 de abril e o 29 de maio, e permitirá a quen o realicen obter dous créditos de libre configuración, que se poderán ampliar se ademais colabora con algunha das entidades de iniciativa social. A través do Campus Virtual da USC impartirase o programa, a través do que afondará nos tipos de voluntariado, de idade, saúde e medio ambiente; na atención á diversidade, a inmigración e a interculturalidade, a cooperación e o desenvolvemento e a participación social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2011.