Ir o contido principal

Remata o programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’

Remata o programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’
Remata o programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’
Desenvolveuse en seis colexios de Santiago coa participación de 250 nenas e nenos

O programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ botará o peche este venres 6 da súa segunda edición, unha iniciativa que dá visibilidade ás enxeñeiras e científicas como referentes femininos para incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e caracterizadas por unha baixa porcentaxe de alumnas. Organizado pola USC a través da Oficina de Igualdade de Xénero en colaboración co Concello de Santiago, o programa incluíu obradoiros didácticos destinados a alumnado de 5º de primaria en colexios públicos do Concello de Santiago.

Nun total de once encontros celebrados entre o 28 de setembro e o 6 de outubro, no programa participaron 250 nenas e nenos dos colexios CEIP López Ferreiro, CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, CEIP Pío XII, CEIP Raíña Fabiola, CEIP de Roxos e o CEIP Vite I. As sesión impartíronas profesoras e investigadoras da USC de diferentes áreas, Astronomía, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica e Computación, Enxeñería Química, Física Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Química Analítica, Óptica), así como investigadoras do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.10.2017.