Remata este venres o ciclo de charlas sobre Xenética Médica
O ciclo de charlas sobre Xenética Médica que organiza o Grupo de Medicina Xenómica da USC pecharase este venres 4 coa intervención de Silvia Parajés Castro.
Na súa charla, que terá lugar ás 13:00 horas na Aula 2 do CHUS, explicará os seus estudos funcionais de novas variantes nos xenes CYP21A2 e CYP11B1.