Ir o contido principal

Remataron as xornadas de presentación aos novos estudantes

A Universidade de Santiago rematou este martes 23 nas facultades de Medicina, Psicoloxía e Física as súas xornadas de presentación para novos estudantes logo de percorrer a totalidade dos seus centros en Santiago e Lugo
Promovidas pola Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, nestas sesións membros da USC e do Consello Social da institución académica explicaron aos universitarios de novo ingreso o funcionamento dos servizos, a súa oferta académica, cultural ou deportiva, entre outros asuntos.
Nas intervencións programadas, os diversos responsables universitarios falaron do funcionamento da Oficina de Información, o Centro de Linguas Modernas, a Rede de Aulas de Informática, o Servizo de Normalización Lingüística ou o Servizo de Xestión Académica. Ademais, os asistentes recibiron información sobre o funcionamento interno da USC comentando o papel do Consello Social e da figura do Valedor Universitario, o sistema de bolsas ou a rede de residencias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2007.