Ir o contido principal

Representantes de Universidades marroquís coñecen in situ os sistemas de calidade da USC

Representantes de Universidades marroquís visitaron o Colexio de San Xerome
Representantes de Universidades marroquís visitaron o Colexio de San Xerome

Responsables de calidade de catro Universidades marroquís atópanse esta semana na USC para visitar e coñecer de primeira man os servizos da institución docente compostelá.
Os vicepresidentes das Universidades Abdelmalek Essaâdi e Ibn Zohr d'Agadir, Hassan Ezbakhe e Abdellatif Moukrim, respectivamente; o decano de Dereito de Kénitra, Mohammed Boussetta; e o responsable de Cooperacion da Universidade Mohammed 1er dee oujda, Youssef Smiri, están a coñecer servizos como o de prevención de riscos e sistemas de calidade de xestión académica.
A iniciativa forma parte dun proxecto Tempus sobre implantación de sistemas de calidade universitaria que lle foi concedido hai un ano á USC. Con anterioridade celebráronse seminarios semellantes nas Universidades Abdelmalek Essaadi de Tanxer, na Libre de Bruxelas e na Miguel Hernández de Elche.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2008.