Ir o contido principal

Resolto o II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible

Integrantes dos equipos gañadores do concurso na compaña de membros da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, do SNL da USC, e da totalidade do equipo decanal do centro. Foto: Santi Alvite
Integrantes dos equipos gañadores do concurso na compaña de membros da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, do SNL da USC, e da totalidade do equipo decanal do centro. Foto: Santi Alvite
O certame premiou este ano propostas que afondaron en técnicas sustentables de extracción química, solucións para o aproveitamento de refugallos e recursos alternativos para o tratamento e degradación dos plásticos

O vídeo ‘Microextracción Dispersiva Líquido-Líquido’, de Pamela Cabarcos Fernández e Iván Álvarez Freire, recibiu o primeiro premio do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.

Este concurso, que en 2022 celebra a súa segunda edición, busca pór de manifesto a naturalidade da expresión dos contidos científicos en lingua galega e, máis especificamente, divulgar nesta lingua as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria.

Vídeo ‘Microextracción Dispersiva Líquido-Líquido’ (1º premio)

 

A peza ‘O futuro está no asombroso tesouro agochado nos refugallos!’, elaborada por María Celeiro Montero, Aly Castillo Zamora e Laura Rubio Lareu, obtivo o segundo premio, mentres que a obra ‘Química biolóxica ao rescate’ foi premiada en terceiro lugar.

Vídeo ‘O futuro está no asombroso tesouro agochado nos refugallos!’ (2º premio)
Vídeo ‘Química biolóxica ao rescate’ (3º premio)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2022.