O responsable de Programas Internacionais do sistema público universitario do Estado de Nova York visita a USC
O vicerreitor de Programas Internacionais do Sistema Público Universitario do Estado de Nova York (SUNY) visita esta semana a Universidade de Santiago para impartir unha conferencia na Facultade de Filoloxía.
Gosende intervirá o luns 19 ás 11:00 horas na aula 20 da Facultade de Filoloxía coa charla ‘The Gosende brothers: From Serra de Outes to New England. A galician family in the United States’.
O mesmo luns ás 9:00 horas será recibido polo reitor Senén Barro no seu despacho de San Xerome e media hora máis tarde fará o propio o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández. Gosende estará acompañado pola agregada cultural da Embaixada de EE.UU., Marti Estell, e a vicedirectora da oficina internacional de SUNY, Sally Crimmins.