RESULTADOS DEPORTIVOS DA USC
JudoOs deportistas do Club USC seleccionados para participar no Campionato de España de Iudo que se celebrará en Salamanca os días 30 de abril e 1 e 2 de maio son Lourdes González González na categoría de -63 kg infantil e Pablo Forján Somoza en -60 Kg e Manuel González González -73 kg en cadetes.
TenisCampionato de Galicia por equipos absolutos masculinos de 7ª categoría
O equipo do club USC "C" na súa consolación da fase de ascenso da derradeira xornada perdeu fronte ao S.D. Hípica da Coruña por 5-0.
Campionato de Galicia por equipos absolutos masculinos de 5ª categoría
O equipo do club USC "B" finalizou a tempada cun novo triunfo fronte ao Squash Club Santiago por 4-1 con vitorias en individuais de Carlos Rivas, Jaime Fernández, David Chaves e José Mª Martinón. O único punto do Squash foi no dobres.
Campionato de Galicia por equipos alevíns masculinos
O equipo do club USC da categoría alevín masculina visitou as canchas do Seixal do Club de Tenis Coruña onde perdeu por 3-2. Os puntos da USC lográronos Javier Romarís e o dobres formado por Romarís e Señarís.
FútbolLiga 2009-2010 división de honra veteranos xornada 24
Club USC 4 - Cuntis 1
Fútbol sala
Liga 2009-2010 fútbol sala veteranos xornada 20Club USC 0 - Tiendas Activa 6