RESULTADOS DEPORTIVOS USC
O equipo xuvenil de Atletismo da USC resultou clasificado para participar o 21 de febreiro en Haro no Campionato de España de Campo a Través por Clubes. Os compoñentes do equipo, adestrados por Manuel Vigo Otero, son David Santos Domínguez, Esteban Araujo Sabel, Manuel Guerra Méndez, Sebastián Blix Urbiola, Andrés Peleteiro Raíndo, Adriano Quiroga Castiñeiras, Rodrigo Millán Conde.
Por outra banda, os atletas da USC Xosé Luis Otero Cepeda e Manuel Vigo Otero foron premiados como os mellores veteranos da tempada 2008/2009 na Gala do Atletismo Galego celebrada o 29 de xaneiro en Ourense.
Outros resultados en AtletismoNo Campionato Galego Absoluto de Cross (Carballo, 31 de xaneiro) Manuel Vigo Otero clasificouse no décimo posto, mentres que no Provincial de Campo a Través Escolar (A Pobra, 30 de xaneiro), Pablo Rodríguez Rodríguez quedou subcampión na categoría benxamín, Ana Carreira Casais foi terceira en alevín e Javier Castro Sanzeri subcampión en cadete. Ademais, o equipo infantil feminino acabou clasificado en terceiro lugar e o cadete masculino en segundo.
JudoNo Campionato Galego de Judo Junior-Sub 20 (Fene, 31 de xaneiro), os deportistas Ana María García Esmorís, Lorena Barros Barreiro e Daniel González Jorge acadaron ouro. A prata foi para Álvaro Pedreira Escribano e bronces para Sara Pedreira Escribano, Pablo Forján Somoza, Manuel González González e Antón Remuñán Muñoz.