O retrato centra o último curso do Espazo de Fotografía da USC, para o que aínda quedan prazas libres
O Espazo de Fotografía da USC que dirixe Fuco Reyes desenvolve no mes de maio o último dos cursos previstos para este ano académico. Nesta ocasión trátase dun obradoiro de retrato que profundará nas técnicas de iluminación, na calidade da luz, os lentes, o uso de difusores e reflectores ou as estratexias de composición. Cunha duración total de oito horas o curso impartirase nas tardiñas dos días 14, 16, 21 e 23 de maio na Fonoteca Universitaria, emprazada na Facultade de Ciencias da Comunicación. Creatividade Precisamente este luns 23 comeza o penúltimo curso do programa do Espazo universitario, no que Fuco Reyes explicará como desenvolver a creatividade persoal para mellorar a calidade das fotografías. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo na Área de Cultura da USC (Colexio de San Xerome) ou chamando aos teléfonos 881811103 e 881811018.