Ir o contido principal

A revista Nova Acta Científica Compostelana (NACC) estrea nova andaina dixital con importantes novidades

A revista NACC , refundación de Acta Científica Compostelana editada dende 1964, estrea unha nova etapa no portal dixital de revistas da universidade compostelá Rev{USC} baixo a codirección dos profesores Mª Jesús Aira e Marcos González e cun novo deseño. A revista publica traballos de investigación sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía e tamén traballos de divulgación non forzosamente limitados a estes eidos, senón referidos a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía. O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, salienta como importante novidade que a revista non se edita como un todo senón que vai publicando os traballos unha vez revisados e aprobados polos avaliadores externos, dando así resposta á necesidade de inmediatez na comunicación do coñecemento científico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2013.