Ir o contido principal

A revista Quintana alcanza o seu décimo número como referente nos estudos de Historia da Arte

Portada do novo número
Portada do novo número
O novo número está dedicado de xeito monográfico á arte e identidade

A revista de estudos de Historia da Arte Quintana que dirixe a profesora Marisa Sobrino acaba de editar o seu décimo número, nesta ocasión dedicado de xeito monográfico á arte e identidade. Cunha periodicidade anual, Quintana publica traballos orixinais de investigación sobre especialidades relativas ao eido das Artes. O novo número presentouse de xeito pública este mércores 23 na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia da USC coa participación do vicerreitor de Estudantes e Cultura, Francisco Duran; o decano da Facultade, Juan Monterroso; o director do Departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández; o deputado provincial da Coruña, José Albino Vázquez; e o profesor Luis Hueso, en representación dos membros do comité de redacción, Marisa Sobrino. Nestes primeiros dez anos de vida, Quintana acolleu a publicación de investigacións orixinais sobre calquera das especialidades relativas ao campo das artes, incluídas a música e o cine. Ademais, potenciou as aproximacións interdisciplinares que enriquecen o estudo da historia da arte, en ámbitos como a literatura, a filosofía, a xeografía ou a historia cultural. Todos os números contaron co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña. En cada novo volume se aborda un tema monográfico, encargado a destacados especialistas internacionais, e unha sección de colaboracións de tema libre, na que foi crecente a achega de investigadores de universidades de toda España e tamén de Iberoamérica. Nesta ocasión, os artigos que desenvolven o tema proposta veñen asinados por Estrella de Diego Otero, Beatriz Martínez del Fresno, Joaquín Cánovas Belchí e Marcelo Almeida Oliveira. No capítulo das colaboración danse cita neste número Enrique Fernández Castiñeiras, Carlos Garrido Castellano, Lucía Gómez Robles, Pablo González Tornel, María Lumbreras, Marco di Mauro, Iván Moure Pazos, Iván Regra Castro, J. Nicolás del Río Castro eÍñigo Sarriugarte Gómez. Recoñecementos á calidade En recoñecemento á calidade desta publicación do Departamento de Historia da Arte, a publicación acaba des er aceptada para o seu ingreso na base de datos Scopus de Elsevier. Na decisión de admisión, destacouse “a excelente política editorial así como o alcance dos traballos presentados”. Deste xeito, Quintana convértese na primeira revista española da súa disciplina en ingresar en Scopus, e a segunda da USC que figura nesta base de datos xunto á Revista Galega de Economía.

Ademais, esta publicación da USC superou os 33 criterios de calidade de Latindex, o máximo contemplado. Entre as revistas de arte de toda España, sólo Archivo Español de Arte do CSIC e Quintana da USC, cumpren todos os criterios de calidade de Latindex. FRANCIS (CNRS, Categoría A), IBA-International Bibliography of Art (CSA USA, Categoría A) ou BHA-Bibliography of the History of Art (The Getty Research Institute-INIST) son algúns outros dos índices que refiren a publicación compostelá.

De esquerda a dereita José Albino Vázquez, Juan Monterroso, Francisco Durán, Enrique Fernández e Luis Hueso. Foto Alfonso-Servimav USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2012.