Ir o contido principal

A revista Quintana cumpre dez números

A Facultade de Xeografía e Historia acolle este mércores, 23 de maio, a presentación do décimo número da revista de estudos de Historia da Arte da USC Quintana, nesta ocasión dedicada monograficamente á arte e a identidade . O acto terá lugar ás 13.00 horas na sala de profesores do centro da man do vicerreitor de Estudantes e Cultura, Francisco Duran; o decano da Facultade, Juan Monterroso; o director do Departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández; a deputada provincial de Cultura da Coruña, María Faraldo; e a directora da publicación, Marisa Sobrino.

Cunha periodicidade anual, Quintana publica traballos orixinais de investigación sobre especialidades relativas ao eido das Artes. O boletín estrutúrase en dúas seccións, unha primeira de carácter monográfico cun contido planificado de antemán polo comité de redacción e a segunda aberta a achegas de temática máis libre. O primeiro número da revista publicouse no ano 2002.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2012.