Ir o contido principal

O roteiro Camiño ao Gaiás remata co acceso de balde ao concerto de ‘La Maravillosa Orquesta del Alcohol’

O roteiro Camiño ao Gaiás remata co acceso de balde ao concerto de ‘La Maravillosa Orquesta del Alcohol’
O roteiro Camiño ao Gaiás remata co acceso de balde ao concerto de ‘La Maravillosa Orquesta del Alcohol’

O roteiro ‘Camiño ao Gaiás’ que organiza cada xoves do verán a Fundación USC Deportiva ofrece esta semana a posibilidade de asistir de balde ao concerto do programa ‘Atardecer no Gaiás’ a cargo de La Maravillosa Orquesta del Alcohol ás 21:00 horas. O traxecto, que comeza ás 17.15 horas na Praza de Mazarelos, discorre pola Facultade de Xeografía e Historia, a Igrexa de San Fiz de Solovio, o Parque e Convento de Belvís e o Seminario Menor para proseguir pola Avenida de Quiroga Palacios e a Rúa do Bispo Teodomiro ata as Brañas do Sar, desde onde se continúa ata o Museo Gaiás para realizar unha visita guiada á exposición ‘Auga Doce. Quen participe no roteiro deste xoves 31 e desexe asistir ao concerto disporá dun autobús de baixada á cidade ás 22:45 horas. Camiño ao Gaiás, unha actividade incluída dentro do programa ‘Verán no Gaiás’ que a Cidade da Cultura desenvolve entre xullo e setembro e que conta con máis de 90 actividades culturais, deportivas e de lecer, iniciouse o pasado 3 de xullo cunha alta participación nos catro organizados ata o momento. Para participar neste itinerario gratuíto é necesario inscribirse previamente a través do formulario dispoñible na páxina web da Fundación USC Deportiva ou contactando a través do teléfono 881 97 53 99. A hora límite de inscrición será o mesmo día de realización da ruta ás 14.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.07.2014.