Ir o contido principal

El Roto mostra a súa particular visión do mundo no Claustro do Colexio de Fonseca

A exposición permanecerá en Fonseca ata o 30 de xuño
A exposición permanecerá en Fonseca ata o 30 de xuño
A exposición ¡Inmersión!, ¡inmersión! permanecerá aberta ata o 30 de xuño

O Claustro do Colexio de Fonseca será durante este mes de xuño o espazo expositivo dunha selección de viñetas de Andrés Rábago García, coñecido como ‘El Roto’. ¡Inmersión!, ¡inmersión! inaugurouse este martes nun acto no que o reitor Casares Long se mostrou satisfeito porque a Universidade de Santiago albergue a exposición. Na mostra proponse un percorrido pola singular mirada de El Roto cara á sustentabilidade, o modelo económico e político ou a xestión dos recursos, nunha chamada á inmersión que, como explicou o comisario Juan Carlos Arbex, é un “aviso de afundimento dirixido a unha sociedade anestesiada e brutalizada”. A presentación desta selección de viñetas de El Roto, aberta ata o 30 de xuño de luns a sábado, coincide co día mundial do Medio Ambiente e co desenvolvemento do Cumio da Terra (Río + 20) convocada por Nacións Unidas en Río de Janeiro. O reitor inaugurou a mostra en compañía da vicerreitora de Calidade, do vicerreitor de Cultura e do comisario, Juan Carlos Arbex

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2012.