Ir o contido principal

Santi Novoa e Ramón López actúan o luns no Círculo das Artes dentro da programación de Lugo Cultural

O ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira' comprende concertos de música clásica

A programación do Convenio Lugo Cultural volve o día un de decembro cun novo concerto do ciclo musical ‘Músicas a carón da mosqueira’, nesta ocasión coa actuación de Santi Novoa e Ramón López no Círculo das Artes, ás 20:30 horas.
Este será o segundo de oito concertos de entrada libre integrados dentro do programa que comezou o pasado 3 de novembro, creado para traer a Lugo concertos de música clásica e artistas que utilizan instrumentos pouco habituais.
Os concertos repetiranse o primeiro luns de cada mes, ata maio de 2009. A próxima cita será o día 12 de xaneiro está prevista a actuación de Fernando Arias e M.A. Ortega, na Fundación Caixa Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2008.