Ir o contido principal

Santiago acolle a IX Reunión de Bioloxía Molecular de Plantas

Os investigadores interesados no estudo das plantas empregando unha aproximación molecular participan desde este mércores, 2 de xullo, e ata o día 4 na IX Reunión de Bioloxía Molecular de Plantas que organizan as Universidades de Santiago e Vigo e o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG).
O encontro, cuxa inauguración oficial tivo lugar no Hotel Puerta del Camino (Santiago), estrutúrase en numerosas comunicacións agrupadas en diversas sesións específicas como metabolismo, estres abiótico, biotecnoloxía, xenómica e proteómica, expresión xénica e sinalización, entre outras moitas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.07.2008.