O Santiago Symposium on Southern Autobiography reflexionará sobre o concepto de southernness
A escritura autobiográfica de autores do sur de Estados Unidos ten características singulares e proporciona información valiosa sobre aspectos da experiencia, as actitudes e a identidade do autor que pode ser atribuído ao seu espírito sureño ou southernness, un concepto co que algúns escritores se senten identificados e outros rexeitan. Este é o punto de partida do Santiago Symposium on Southern Autobiography, que co lema ‘Writing the self, writing the south’ se vai celebrar entre os días 1 e 3 de xuño.
O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, presidirá a sesión inaugural este mércores 1 de xuño ás 16.00 horas no Hotel NH Obradoiro na que tamén participará a decana da Facultade de Filoloxía, María José López; a director do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, Cristina Mourón; e o profesor Constante González, coordinador do encontro. Na quenda de intervencións intervirán investigadores/as e expertos/as procedentes das universidades de Francia, Grecia, Polonia, Inglaterra, Austria, República Checa, Estados Unidos e España.