Ir o contido principal

Saúde sexual, nova charla para universitarios na Facultade de Medicina

‘Aula de Saúde’ é a denominación do ciclo de conferencias sobre a saúde en universitarios da USC que este mércores 12 versará sobre a saúde sexual. Será o profesor Manuel Macía Cortiñas, xefe do Servizo de Obstetricia do CHUS e profesor titular do Departamento de Xinecoloxía e Obstetricia da USC, quen interveña cunha conferencia ás 19:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía.
A finalidade do ciclo é proporcionar información e orientación sobre temas sanitarios de máxima prioridade para alumnos universitarios. Cunha carga lectiva de un crédito de libre configuración, o ciclo completarase con outra charla sobre cancro e tumores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2010.