Ir o contido principal

O secretario xeral de Política Científica e Tecnoloxía do Ministerio presenta no CEA as principais características do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011

O secretario xeral de Política Científica e Tecnoloxía do Ministerio de Educación, Francisco Marcellán Español, presentará este martes na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados da USC as principais características do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011.
Na sesión, que dará comezo ás 10:30 horas dirixida a investigadores da universidade compostelá, farase unha valoración do mencionado Plan xa que introduce elementos novos de gran transcendencia para o desenvolvemento da investigación nos vindeiros anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2007.