Ir o contido principal

A Sectorial TIC da CRUE analiza os novos retos para as redes de comunicación no ámbito universitario

O director da Área TIC da USC, Javier Franco, asiste estes días en Zaragoza a un novo encontro da Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE). Nel estanse a abordar os novos retos para as redes de Comunicación, particularmente no relativo ás universidades, e ao novo concepto de Universidades 2.0 con fortes implicacións en campos diversos, como o da docencia, a investigación, a comunicación institucional ou a relación coa sociedade, entre outros.
Na xornada deste martes, os debates xiraron arredor de cuestións relacionadas co futuro das redes de comunicación universitarias, a interoperabilidade, e a presentación de casos prácticos, concretamente nas universidades de Salamanca, Murcia, Valladolid e Jaume I.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2009.