A SEEC celebra en Lugo o seu Festival Anual de Teatro Greco-Latino
A Sección Galega da Sociedade de Estudos Clásicos (SEEC), á que pertencen a práctica totalidade de profesores de Ensino Medio e da Universidade de Latín e Grego de Galicia, celebran esta semana o seu Festival Anual de Teatro Greco-Latino. Este luns 9, o Auditorio Gustavo Freire acolle a representación ‘Lisístrata’, ás 17:00 horas.
O festival continuará o martes 10 con ‘Antígona’, ás 12:00 horas, e ‘Mostellaria’, ás 17:00 horas. O mércores 11 representaranse as obras ‘Las nubes’ e ‘Miles Gloriosus’.