O selo USC Editora do Servizo de Publicacións renova a súa certificación ISO 9001 de sistemas de xestión da calidade
O selo USC Editora acaba de renovar a súa certificación segundo a norma ISO 9001:2015 de sistemas de xestión da calidade , tras a correspondente auditoría de renovación por parte de AENOR no Servizo de Publicación. O informe final da auditoría, que non detecta ningunha acción correctiva nin non conformidade no proceso de xestión editorial do selo, destaca como puntos fortes do sistema o uso de ferramentas dixitais, os excelentes resultados das enquisas de satisfacción entre autores e distribuidores e, sobre todo, unha clara orientación cara á mellora continua por parte do equipo implicado.
USC Editora, que conta coa certificación ISO 9001 dende 2014, é un selo comercial, rexistrado como marca europea, que dá cabida a seis series editoriais ( Académica , Clave , Ensaio , Manuais , Textos , Cuadernos de Español como Lengua Extranjera ) sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á USC. O selo conta, ademais, cun elenco estable de 17 editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa. USC Editora garante o nivel das obras que se editan baixo a súa marca e constitúe un compromiso de prestixio, recoñecemento e calidade editorial.
Logo do selo